Curiosas memorias USB de dúas caras
venres, 24 de xullo do 2009
Os usuarios que
gusten de manter contidos de distinto tipo ben separados poden optar a mercar a
unidades de memoria USB Split
Stick, que equivale a dúas unidades USB de 2 Gb, e xa está á venda
por 19,99 dólares (13,34 euros).
O concepto desta memoria USB non resultará estraño para moitos (pois garda
certa analoxÃa coas casetes de música, nas que as cancións distribúense en
caras), e permite asà manter por separado datos do traballo e domésticos ou os
de dúas persoas distintas.
O
trebello véndese en distintas cores (laranxa, azul, rosa, vermello,
negro, violeta, gris e verde) e na súa parte central inclúe un botón deslizante
que é o que extrae un conector USB por cada un dos lados do dispositivo, que
poden ir etiquetados cunhas iconas que elixirán os seus usuarios segundo o uso
que queiran dar a cada unha das memorias USB integradas.
- As Split Sticks ofrécense nunha completa gama de cores