Curioso monitor-dual de EVGA

xoves, 16 de xullo do 2009 Marcus Fernández

EVGA vén de lanzar o Interview Dual Monitor System, unha curiosa solución composta por un par de pantallas LCD de 17 polgadas dispostas nun mesmo pé e capaces de rotar 180 graos verticalmente e 90 graos horizontalmente, creando un tipo de escritorio bastante curioso.
Estas pantallas tamén inclúen un concentrador USB de 3 portos e unha cámara web, e véndense a 649,99 dólares (459,71 euros), polo que non parece unha opción multi-monitor moi económica, especialmente se consideramos que a resolución nativa dos monitores é de só 1.400 x 900 píxeles.


Presentación en vídeo do orixinal sistema de monitores

PUBLICIDADE