Cut the Rope terá versión en formato fÃsico para Nintendo 3DS
xoves, 23 de xaneiro do 2014
AÃnda que podemos ter a percepción de que os xogos para
dispositivos móbiles están a prexudicar ás consolas portátiles, existen xogos
que percorren o camiño inverso, e tras nacer en Android e iOS publÃcanse logo en
consolas tradicionais, como o divertido Cut the Rope, que
pode adquirirse en
formato descargable para a Nintendo 3DS, conseguindo unha resposta tan
positiva que levou a ZeptoLab a elevar a súa aposta e chegar a un acordo de
distribución con Activision para lanzar o vindeiro 28 de marzo en formato
fÃsico Cut the Rope: Pack 3 Juegos.
A nova entrega deste xogo de quebracabezas será un recompilatorio con Cut the Rope, Cut the Rope: Experiments e Cut
the Rope: Time Travel, de xeito que aglutinará máis de 650 niveis
garantindo máis de 50 horas de xogo, o que parece suficiente para compensar a
súa adquisición por parte dos afeccionados a este tipo de tÃtulos nos que
espremer os miolos para solucionar os retos que nos propoñen.
A franquÃa de Cut the Rope, sen
chegar á altura dos Angry Birds,
continúa a ter bastante forza, potenciando a imaxe do pequeno monstro Om Nom,
do que podemos atopar bonecos,
libros e mesmo xogos
tradicionais.
Trailer do novo Cut the Rope para Nintendo 3DS