Cybook Opus, o lector de e-books de peto

martes, 19 de maio do 2009 Marcus Fernández

Mentres Amazon comezará a vender o seu Kindle DX no verán, outros fabricantes buscan uns tamaños máis portátiles de lectores de libros electrónicos, e así déronse a coñecer as especificacións do que será o Cybook Opus, un lector con pantalla de papel electrónico de 6 polgadas cunha resolución de 200 puntos por polgada, 1 Gb de capacidade interna, 150 gramos de peso, sensor de movemento, soporte de ePub, PDF, HTML e texto e unha autonomía que permite a lectura de ata 8.000 páxina e 21 días en espera. Carece de conectividade sen fíos e porase á venda nos EE.UU. en xuño, no que entendemos que quere ser un lector de e-book de peto, polo que podería ter un prezo considerablemente inferior ao dos dispositivos que comercializa Amazon.

PUBLICIDADE