DJI Mavic 2 Enterprise, un dron de rescate con módulos intercambiables

martes, 30 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Os drons Mavic 2 de DJI chegaron inicialmente coas variantes Zoom e Pro en función do tipo de cámara integrada, pero a compañía chinesa quixo facer algo bastante sorprendente, como é adaptar este dispositivo compacto para usos profesionais para os que anteriormente empregábanse drons de moito maior tamaño, como poderían ser revisións técnicas ou operacións de rescate co seu novo DJI Mavic 2 Enterprise.
Este novo dron mantén o corazón dos Mavic 2, pero como grande novidade ten o uso de accesorios como o Foco M2E para guiar a persoas extraviadas en zonas de pouca luz, o altofalante M2E que permite comunicarse con equipos no terreo en situacións de emerxencia ou a baliza M2E que facilita levar a cabo misións nocturnas con maior seguridade, permitindo a outros pilotos detectar o dron dende lonxe mentres traballan sobre o terreo.
A cámara do Mavic 2 Enterprise está equipado cunha cámara cun sensor CMOS de 12 Mpíxeles e zoom óptico 2x e zoom dixital 3x, para poder achegarse á acción sen perigo, pode gravar vídeo 4K a 30 imaxes por segundo, incorpora sensores para detectar obstáculos e evitalos con facilidade, con OcuSync 2.0 pode controlarse a distancia vendo a imaxe da cámara a 1.080p a unha distancia de até 8 quilómetros, ten unha autonomía máxima de 31 minutos, pode voar até a 72 quilómetros/hora, conta con 24 GB de almacenamento interno e incluso conta cun modo discreto no que se apagan todos os seus LED.
Pero a principal vantaxe deste dron é claramente que pode encartarse para incluso transportalo atado á cintura, pesando só 905 gramos, polo que o seu transporte non é un problema en misións de rescate.
O seu prezo con mando a distancia, batería, os seus 3 accesorios e funda protectora é de 1.999 dólares, moito máis asumible e completo que os seus principais competidores.

Vídeo de presentacion do DJI Mavic 2 Enterprise

PUBLICIDADE