DOOM Eternal chega a PS4, Xbox One, PC e Google Stadia
venres, 20 de marzo do 2020
Hai
preto de catro anos o clásico DOOM renaceu como xogo para ordenadores e consolas de
videoxogos actuais, nun tÃtulo moi ambicioso que pese a ter uns
gráficos cunha calidade tal que resultaba difÃcil establecer unha ligazón co
xogo orixinal, mantiña a esencia de acción frenética da primeira entrega da franquÃa
de id Software.
Tras o reboot chega un novo tÃtulo para continuar a súa historia, DOOM
Eternal, que dende hoxe podemos mercar en
versión para PC, Xbox
One, PlayStation
4 e Google Stadia, e que máis adiante chegará a Nintendo Switch. Os que
reservaron o xogo recibirán de balde unha versión para a súa plataforma de DOOM
64, tÃtulo estreado para Nintendo 64 pero que tamén podemos adquirir por separado
para PC, Xbox
One, PlayStation
4 e Nintendo
Switch a un prezo de 4,99 euros.
Unha vez máis o xogo introdúcenos na pel dun Slayer que ten que cruzar
dimensións aniquilando demos para deter a destrución definitiva da humanidade,
para o que teremos potente armamento, incentivos para executar aos inimigos
(dos que podemos conseguir saúde, armadura e munición); e incluso contaremos
cun novo modo multixogador de 2 contra 1, no que un Slayer terá que enfrontarse
a 2 xogadores demo en 5 asaltos de intenso combate en primeira persoa. Este último
modo de xogo contará de entrada con 6 mapas elaborados a man e 5 demos xogables.
- As reservas de DOOM Eternal recompénsanse con DOOM 64
Tráiler de lanzamento de DOOM Eternal