DOOM chegará a Nintendo Switch o 10 de novembro

luns, 16 de outubro do 2017 Marcus Fernández

O mes pasado Nintendo sorprendeu anunciando que Bethesda está a preparar versións para Switch de DOOM e Wolfenstein II: The New Order, pero resulta que estes prometedores títulos non se farán esperar moito, e confirman que esta versión portátil do novo DOOM chegará o vindeiro 10 de novembro.
Para dar conta desta data de lanzamento Nintendo publicou un vídeo no que Marty Stratton e Hugo Martin de id Software falan desta nova produción que, sen ter o nivel de detalle das versións para PC, PS4 e Xbox One, consegue un acabado máis que digno, para o que tiveron que facer unha concesión: limitar a taxe de imaxes por segundo a 30 en vez das 60 propias das consolas máis potentes.
En calquera caso, os seareiros dos xogos de acción en primeira persoa de seguro que agradecerán o ritmo frenético da versión de Nintendo Switch, que permitirá gozar do xogo en mobilidade, o que engade moito valor á consola, xa que así pode verse como unha máquina válida para correr xogos dirixidos a adultos, ampliando así o seu abano de público.

Vídeo no que dan conta da data de lanzamento de DOOM para Nintendo Switch

PUBLICIDADE