DTEN ME, o equipo para usar Zoom no fogar
venres, 17 de xullo do 2020
Durante o confinamento conseguiu moita relevancia a solución
de videoconferencia Zoom, e aÃnda que esta plataforma funciona sen problema
dende ordenadores persoais e dispositivos móbiles, hai compañÃas que ousan
presentar produtos especÃficos, como DTEN ME,
un equipo que definen como Zoom para o fogar, ou sexa, que buscarÃa facilitar o
uso das videoconferencias grupais para os profesionais que traballan dende
casa.
Este curioso equipo está equipado cunha pantalla táctil de 27 polgadas, cun
deseño moi delgado para ocupar o mÃnimo no escritorio, e que permite aproveitar
as súas funcionalidades táctiles para debuxar nos encerados das xuntanzas virtuais;
recolle a imaxe do usuario valéndose dunha matriz de 3 cámaras; e para unha boa
experiencia sonora ten 8 micrófonos e 4 altofalantes.
O DTEN ME sae á venda en agosto nos EE.UU: a un prezo de 599 dólares (524 euros),
mentres que a Europa chegará en setembro, sendo toda unha incógnita se existe
unha demanda real dun produto deste tipo a un prezo tan elevado.
- O deseño compacto do DTEN ME facilita a súa colocación en numerosos lugares
VÃdeo promocional do DTEN ME