Dance Central 3 estrea versión de demostración

luns, 1 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro día 19 chegará ás tendas Dance Central 3, un xogo para Xbox 360 que fai uso do sensor Kinect como ningún outro título da consola de Microsoft, achegando unha experiencia de baile que só consegue esta saga de éxito que nesta terceira entrega terá máis de 40 cancións novas, que van dende temas da música disco dos anos 70 ata éxitos actuais, e para que os usuarios da 360 poidan comprobar se achega o que promete, estrea hoxe versión de demostración descargable de balde por parte dos usuarios Gold de Xbox LIVE. Os temas musicais dispoñibles na demo son Moves Like Jagger (Maroon 5 feat. Christina Aguilera), On the Floor (Jennifer López feat. Pitbull) e Starships (Nicki Minaj).
Entre as novas funcionalidades de Dance Central 3 figuran novos modos multi-xogador (chave no éxito deste tipo de xogos que instan a montar festas ao redor das videoconsolas) e o uso da aplicación Xbox SmartGlass que converterá o móbil o mando a distancia de festa total, creando unha listaxe de reprodución, elixindo a seguinte pista e, en definitiva, animando a festa.

A terceira entrega de Dance Central potenciará os modos multi-xogador

PUBLICIDADE