Dark Souls III chega a PS4, Xbox One e PC
martes, 12 de abril do 2016
A emblemática saga de xogos de FromSoftware publica hoxe a
súa terceira entrega, Dark Souls III,
que en vez de ser exclusivo para
PlayStation 4 como Bloodborne,
chega tamén con versión para
Xbox One e para ordenadores
persoais, de xeito que o que será un dos mellores xogos de rol do ano
estará dispoñible para un amplo número de xogadores, aÃnda que cómpre salientar
que estamos ante un xogo para un público de nicho, polo que non pretende competir
con grandes superproducións, senón simplemente atender á demanda de grandes e
complexos combates nun contorno invadido pola escuridade, onde a épica resulta
inevitable.
Dark Souls III introdúcenos nun
universo cheo de inimigos e contornos descomunais, un mundo en ruÃnas no que as
chamas están a apagarse e os xogadores terán que facer fronte a un xogo máis
rápido que entregas anteriores (bebendo un chisco de Bloodborne), cunha intensidade de combate ampliada, que non
defraudará aos xogos de accións anteriores, pero no que tamén poden achegarse
novos xogadores sen problema (sempre que sexan conscientes de que estamos ante
un xogo de rol con situacións que poden causar grande frustración pola súa
dificultade).