Dead Space 2 estrea demo

martes, 21 de decembro do 2010 Marcus Fernández

A finais de xaneiro chegará ás tendas o xogo Dead Space 2, pero os usuarios Gold de Xbox LIVE poden xa acceder á súa versión de demostración, que presenta un adianto das novas aventuras do enxeñeiro Isaac Clarke quen, tras sobrevivir aos acontecementos do primeiro Dead Space, esperta dun coma nunha grande cidade espacial coñecida coma O Eixe, na que combaterá a demencia, estará perseguido polo goberno e atormentado por visións da súa moza falecida, mentres fai todo o preciso para salvarse, para o que fará uso dun arsenal de ferramentas que axudarán a rematar cos necromorfos.
Esta versión de demostración tamén estará dispoñible a través da PlayStation Network a partir deste mércores.

PUBLICIDADE