Dead of Alive 5: Last Round chega a Steam con importantes eivas
luns, 30 de marzo do 2015
O xogo
de loita Dead or Alive
5: Last Round tiña previsto o seu lanzamento en Steam para o 17 de
febreiro pasado, pero adiouse até esta semana, agradecendo a espera incluÃndo
de balde os 28 traxes do lote Halloween
2013, pero cunha mala nova para os amantes desta franquÃa de xogos de
loita: o modo multi-xogador non está dispoñible polo momento, prevéndose a súa
chegada mediante unha actualización que prometen que estará dispoñible antes de
tres meses.
Dead or Alive 5: Last Round para PC pode mercarse por 39,99 euros
(cun desconto do 10% durante as súas primeiras horas á venda) e permite gozar
de combates cun elenco de 34 xogadores a través de ricos escenarios
interactivos, na liña do que xa podÃa facerse nas versións para PlayStation 4 e
Xbox One, pero con moitas limitacións para estarmos ante un xogo de Steam, xa
que carece
de personalización dos controis mediante o teclado, carece de logros e
tampouco inclúe soporte de Steam Cloud.
Cómpre destacar que as versións de consola do xogo tamén presentaron numerosos
problemas, polo que a súa chegada ao PC como un xogo bastante limitado non
deberÃa pillar por sorpresa aos usuarios, quedando por ver se coas debidas
actualizacións o xogo consegue como mÃnimo estar á altura das súas versións de
consola, pois parece que polo momento tampouco incorporaron as últimas
novidades do motor gráfico do tÃtulo (concretamente se bota en falta o Soft Engine) de aà que hai quen
considera que no estado actual teriamos un xogo máis propio da anterior
xeración de consolas e suporÃa certo menosprezo para os xogadores de PC.
Trailer de lanzamento de Dead or Alive 5: Last Round