Dead or Alive 5 Ultimate terá unha versión Free-to-Play
luns, 3 de xuño do 2013
Nos últimos meses vimos como diversos xogos masivos en liña,
shooters e mesmo tÃtulos de condución
que adoptaban o Free-to-Play como
modelo de negocio, e Tecmo Koei e o Team Ninja quere experimentar agora esta
posibilidade co seu xogo Dead or Alive
5 Ultimate: Core Fighters, que pretende publicarse de balde en setembro
na PlayStation Store, ofrecendo inicialmente un xogo básico coa posibilidade de
engadir elementos mediante o pagamento.
Os usuarios de balde poderán controlar a 4 personaxes (Kasumi, Ayane, Ryu
Hayabuse e Hayate) cos que loitar non só contra outros usuarios que acedan non
só a esta versión do xogo, senón tamén cos que teñan o Dead or Alive 5 Ultimate na súa versión comercial.
AÃnda que a información publicada ata o momento é provisoria e está suxeita a
modificarse (especialmente no que se refire ao feito de que o xogo vaia estar
dispoñible só para PS3, pois é posible que tamén apareza para Xbox 360), nun
principio o pagamento dentro do xogo irÃa dirixido a mercar personaxes soltos
(a razón de 3,99 dólares/personaxe) e 14,99 dólares para desbloquear o modo
historia.
Unha interesante proposta que comprobará dun xeito práctico se os xogos de
loita poden trunfar no Free-to-Play,
ou se son mellor recibidos como produtos completos.
- O xogo Free-to-Play ofrecerá 4 personaxes de balde e permitirá pagar por desbloquear personaxes adicionais e o modo historia