Décathlon venderá o seu propio smartphone
luns, 2 de decembro do 2013
Esta semana a cadea de tendas Décathlon porá á venda un
smartphone deportivo de seu, o Quechua
Phone, que proponse como un dispositivo axeitado para a práctica deportiva
ao contar con certificación IP54 (resistente á auga) e unha baterÃa de grande
capacidade (3.500 mAh) para non ter que andar pendente de cargadores fóra do
fogar (a súa autonomÃa serÃa dunhas 22 horas en conversa).
O novo smartphone fabricado por ARCHOS contará cun procesador Qualcomm de catro
núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante microSD), pantalla de 5 polgadas, cámara de 5 MpÃxeles e Android 4.1 e un prezo de 230 euros.
É de agardar que este produto chegue tamén a España de ter unha boa aceptación
no paÃs veciño.