Dell anuncia a impresora en cor máis rápida do mundo

martes, 10 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Dell anunciou 3 novos modelos de impresoras comerciais destinadas a mellorar a produtividade nas empresas á vez que reducen os seus custos de impresión. Entre estas impresoras desta especialmente a Dell 5130cdn, que é capaz de imprimir ata 47 páxinas por minuto (ou 37,6 páxinas polas dúas caras) tanto en monocromo coma en cor, converténdose na impresora láser cor máis rápida do mundo.
A impresora tamén incorpora a tecnoloxía ColorbyDell, que mellora a saturación da cor e a nitidez da imaxe nas impresións, así coma promete un gasto por páxina inferior a 1 céntimo de euro en branco e negro e tamén suporía un gasto de menos de 6 céntimos por cada páxina en cor. O seu prezo nos EE.UU. é de 1.549 dólares (1.032,95 euros).
Esta potente impresora funciona por USB 2.0, aínda que tamén conta con intefaz Gigabit Ethernet, e a súa resolución de impresión sería de 1.200 puntos por polgada.


Declaracións sobre a nova impresora Dell 5130cdn

PUBLICIDADE