Dell lanza un monitor de 27 polgadas con resolución WQHD

mércores, 10 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O novo monitor de Dell conta cun panel cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles

Agora que a alta definición está normalizada no sector informático, algúns fabricantes buscan achegar aos seus usuarios resolucións superiores á denominada Full HD (1.920 x 1.080 píxeles), de aí que poidamos contar xa con monitores coma o Dell UltraSharp U2711, que conta cunha resolución WQHD (2.560 x 1.440 píxeles) nun panel IPS de 27 polgadas en formato 16:9 que conta cunha alta conectividade: HDMI, 2 conectores DVI-D, DisplayPort, VGA, compoñentes e vídeo composto.
Esta pantalla tamén pode funcionar coma un concentrador USB 2.0 de 4 portos e integra un lector de tarxetas de memoria 8 en 1. Polo momento só está dispoñible nos EE.UU. por 1.099 dólares (802,65 euros) pero agárdase que chegue en breve ao mercado europeo.

PUBLICIDADE