Dell prepara un novo Ultrabook con pantalla de marco reducido

mércores, 3 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Dell conseguiu que o seu equipo ultraportátil XPS 13 se convertese en todo un referente no mercado, polo seu elegante deseño centrado nunha pantalla de 13,3 polgadas Infinity (marca para definir os só 5,2 milímetros de marco que ten a súa pantalla), que chegou con configuracións moi variadas que parten dun prezo de 1.099 euros para un modelo con pantalla Full HD e que por 1.499 euros xa incorporaría unha pantalla táctil cunha resolución de 3.200 x 1.800 píxeles, procesador Intel Core i7, 8 GB de RAM, 256 GB de SSD e unha autonomía salientable (unhas 15 horas de navegación no modelo Full HD e 11 horas no caso da pantalla UltraSharp QHD+), parece ter callado e inspirado un modelo de maior tamaño.
Deste xeito no Computex de Taipei estarían a amosar o XPS 15, do que non detallan especificacións, prezo ou data de lanzamento, pero que repetiría o deseño centrado na pantalla Infinity para gañarse así o favor do público, e é de agardar que sexa un dos produtos que cheguen ao mercado co lanzamento de Windows 10, sistema operativo que podería tirar un maior proveito das súas configuracións máis avanzadas, con pantalla táctil de alta densidade.
Dell consegue así fornecer unha magnífica posición no sector dos Ultrabooks, tanto polas súas excelentes especificacións como pola súa salientable pantalla de marcos reducidos, que pode meter a moitos consumidores no peto.

A pantalla do novo Dell XPS 15 destaca tanto polos seus bordes reducidos como por estar dispoñible en versión táctil cunha resolución moi elevada

PUBLICIDADE