Demon’s Souls sairá en Europa o 25 de xuño

venres, 16 de abril do 2010 Marcus Fernández

Ao rematar 2009 comentamos o lamentable que era que o xogo considerado coma o mellor RPG do ano, Demon’s Souls, non estivese á venda en Europa, estando só dispoñible no Xapón e en EE.UU., territorios nos que chegou a triplicar as previsións de vendas iniciais, o que finalmente levou a Sony a cambiar a política de distribución deste título, para achegalo ao Vello Continente a través de Namco Bandai.
Este agardado xogo para PlayStation 3 chegará a Europa o vindeiro 25 de xullo, e compensará o retraso cunha atractiva edición limitada (coñecida coma Black Phantom Edition) que, aparte do xogo, incluirá un CD coa súa banda sonora, un libro de ilustracións e unha guía de estratexia.
Demon’s Souls é un título bastante avanzado, que agradecerán moitos amantes dos xogos RPG en consola, no que para moitos é un título superior ao referente do xénero durante os últimos meses, Dragon Age: Origins.

PUBLICIDADE