Desperados III sae á venda

martes, 16 de xuño do 2020 Marcus Fernández

O clásico de 2001 Desperados: Wanted Dead or Alive recibe hoxe a súa precuela, Desperados III¸ xogo narrativo con importantes tácticas de sixilo que desenvolve a súa acción o salvaxe oeste americano. Nesta entrega temos ao pistoleiro John Cooper aliado coa noiva á fuga Kate, o sicario Doc McCoy, o cazador Héctor e a misteriosa muller de Nova Orleans Isabelle. Cooper emprende unha misión de vinganza que leva ao grupo por diferentes cidades rurais, pantanos e ribeiras até un enfrontamento final digno das lendas do salvaxe oeste.
O xogo está dispoñible para PC, Xbox One e PlayStation 4, permite controlar a cinco personaxes únicos con cadansúa habilidade especial; ofrece total liberdade de decisións con infinitos xeitos de superar cada obstáculo; o xogador pode elixir entre derrotar aos inimigos con estratexia ou execucións coidadosas; optar entre ataques non letais ou mortais; é posible axustar o xogo a distintos estilos, así como repetir os niveis para completar desafíos; e no modo Enfrontamento pódese pausar o xogo en calquera momento e reaccionar a emboscadas e ataques por sorpresa.

Tráiler de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE