Destiny estreará a súa segunda expansión o mes que vén

luns, 13 de abril do 2015 Marcus Fernández

O último xogo de Bungie, Destiny, foi considerado por moitos como unha das grandes decepcións nas consolas de nova xeración, xa que a poucos días do seu lanzamento comezou a adoecer de falta de contidos que mantivesen aos seus xogadores enganchados, de aí que teñan moita importancia as súas expansións, e a segunda das mesmas xa ten data, sendo o 19 de maio cando será posible facerse coa Casa dos Lobos, contido que vén de estrear trailer.
A nova aventura transcorrerá no Arrecife, que abrirase a todos os Gardiáns que poderán unirse aos aliados da Raíña para cazar aos traidores Caídos da Casa dos Lobos. Nesta expansión teremos novas actividades, modos, eventos e equipamento, de xeito que se converte nunha compra obrigada para os que queren ampliar a experiencia de Destiny. O pase que permite facerse coas dúas expansións do xogo está dispoñible na PlayStation Store a un prezo de 34,99 euros.


Trailer da segunda expansión de Destiny

PUBLICIDADE