Detalles sobre o futuro Meizu MX
luns, 18 de abril do 2011
Os fabricantes
chineses coma Meizu son populares polos seus terminais que presentan unha
aparencia esaxeradamente semellante ás dos móbiles de Apple, pero tamén teñen
móbiles cun éxito impresionante nos mercados asiáticos polo seu propio peso,
como demostra o futuro
Meizu MX (coñecido ata hai pouco como M9II), do que veñen de publicar unha
imaxe, e que pretende saÃr ao mercado por 3.580 iuans (385,45 euros), o que
non parece desproporcionado se temos en conta que estamos ante un dispositivo
con pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 960 x 640 pÃxeles, procesador A9
de dobre núcleo, 1 Gb de RAM e ROM, 16 Gb de almacenamento interno, soporte de
HSPA+ de ata 21 Mbps, saÃdas HDMI e S/PDIF, medidas de 63,5 x 119 x 9,5
milÃmetros e sistema operativo Android.
Este terminal aÃnda non ten unha data de lanzamento fixada (estamos ante un
produto en desenvolvemento), pero en vista das súas previsibles prestacións,
non terá problemas para competir no mercado actual.