Deus Ex terá un novo xogo para PS4, Xbox One e PC
martes, 7 de abril do 2015
A
portada da revista Game Informer do
mes de maio é
aproveitada unha vez máis para presentar un videoxogo, que posiblemente
conte cunha moi boa recepción do público, xa que tratarÃase dunha secuela de Deus Ex: Human
Revolution, xogo que en 2011 recuperou a saga cyberpunk de Deus Ex iniciada no ano 2000, e
que coa súa combinación de acción e sixilo, sumada á súa coidada ambientación,
conseguiu que fose moi ben recibido polo público e pola crÃtica (conseguindo un
salientable 90
sobre 100 en Metacritic).
Deus Ex: Mankind Divided transcorrerá
en 2029, un par de anos despois de Human
Revolution, momento no que Adam Jensen volve e une as súas forzas cunha
unidade especial da Interpol que persegue a terroristas aumentados nun mundo que odia e teme aos transhumanos. Jensen contará agora con novos aumentos que permitiranlle moverse con intelixencia entre o sixilo,
o combate e a interacción social, sendo o propio xogador o que decidirá como
solucionará cada situación.
Este xogo de Eidos-Montreal non ten aÃnda data de lanzamento definida, pero adiantan
que contará con versións para PS3, Xbox One e PC. O vindeiro número da Game Informer dedicará 12 páxinas a
facer un repaso deste prometedor tÃtulo.
- O usuario será o que decida se supera as distintas situacións mediante a infiltración ou mediante un enfrontamento máis directo
VÃdeo de Game Informer no que dan conta do lanzamento do novo Deus Ex