Devil May Cry 4 chegará a PC no verán

venres, 6 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A saga de Devil May Cry levou a súa cuarta entrega ás consolas Xbox 360 e PlayStation 3, impresionando aos seus seguidores cuns gráficos realmente impresionantes dos que non queren marxinar aos usuarios de PC, polo que durante este verán estrearán unha nova versión do xogo que contará coa etiqueta de Games for Windows e do que xa podemos descargar unha versión de demostración de 804 Mbytes que nos permite comprobar en primeira persoa se o noso ordenador é capaz de facer correr o novo xogo, así como darnos unha impresión do que nos dará este título que promete achegar animacións de ata 60 fotogramas por segundo a alta resolución (só ao alcance dos equipos máis potentes), ou sexa, que nalgúns casos incluso podería mellorar a experiencia das versións de consola.
A demo do xogo permite xogar durante só 10 minutos, mentres que a versión definitiva incluirá novos modos de xogo e contidos adicionais que non se viron en versións anteriores, entre os que podemos destacar o Legendary Dark Knight Mode, que permitirá que os xogadores con ordenadores moi potentes poidan enfrontarse simultaneamente a un número incrible de inimigos, o que tamén incrementa a dificultade do xogo.
Devil May Cry 4 para PC funionará tanto con DirectX 9 coma con DirectX 10, nos permite encarnar tanto a Nero como a Dante e promete levar os ordenadores unha aventura épica que está a trunfar nas consolas de videoxogos (foi o xogo máis vendido en España para PS3 e o 2º máis vendido para Xbox 360 no mes de febreiro).

PUBLICIDADE