Devolo lanza unha cámara de vixilancia con conectividade PLC
martes, 30 de outubro do 2012
Para vixiar o fogar durante a nosa ausencia existen
numerosas solucións como o novo dLAN
LiveCam Starter Kit, que consiste nunha cámara para uso privado que
conéctase á Internet a través de tecnoloxÃa PLC, de xeito que non precisa de
máis cables que unha toma de corrente, podendo logo monitorizar as imaxes captadas
pola cámara dende aplicacións móbiles para Android e iOS sen complicadas instalacións.
Este paquete inclúe unha cámara dLAN LiveCam e un adaptador dLAN 200 AVduo, que
encárgase de recibir o seu sinal, e que podemos conectar ao noso router
doméstico para facilitar o acceso ás imaxes da cámara dende calquera punto da
Internet.
As imaxes transmitidas pola cámara teñen unha resolución de 640 x 480 pÃxeles e
unha frecuencia de 20 fotogramas por segundo; conta con visión nocturna; e o
seu prezo de venda é de 129 euros.
- Pódese acceder á cámara remotamente dende smartphones e tablets