DiRT Rally 2.0 será compatible con Oculus Rift no verán
venres, 8 de febreiro do 2019
Para o vindeiro dÃa 26 está previsto o
lanzamento do xogo de condución DiRT Rally 2.0 en versións para PS4, Xbox
One e PC, que vén a ser a 15ª entrega da serie Colin McRae Rally e a 7ª en incluÃr Dirt no seu nome, confirmando a confianza do público nesta franquÃa
que dende Codemasters adiantan que o vindeiro verán vai dar un paso moi
interesante, xa que o xogo recibirá
soporte para Oculus.
Ao parecer, habÃa un grande número de xogadores que estaba a reclamar unha
versión do xogo que fose compatible co casco de realidade virtual Oculus Rift,
e dende Codemasters decidiron atender esta demanda que permitirá que poida
vivirse o xogo dun xeito extremadamente inmersivo. Entendemos que a realidade
virtual só estará dispoñible para PC, xa que polo momento non se anunciou que o
xogo vaia contar con versión para PlayStation VR (aÃnda que se a versión para
Oculus é ben recibida non deberÃa sorprendernos que os usuarios de PS4 puidesen
gozar nas súas consolas dunha experiencia análoga).
Un dos últimos vÃdeos promocionais de DiRT Rally 2.0