Diablo III celebra a súa nova expansión cun 50% de desconto

luns, 24 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Mañá ponse á venda Diablo III: Reaper of Souls, expansión de Diablo III que poderá adquirirse por 39,99 euros e que permitirá facer fronte ao Anxo da Morte, Malthael, que maniféstase nos reinos mortais co propósito de facerse coa pedra da alma negra para dominar o seu poder infernal. Dado que este novo contido precisa do xogo Diablo III para funcionar, dende Blizzard rebáixano un 50%, de xeito que podemos adquirilo por 19,99 euros, o que é unha excelente oportunidade para facerse con este grande título para Windows e OS X (especialmente se temos en conta que a súa versión para Xbox 360 e PlayStation 3 ten un prezo de 59,99 euros).
Ante a inminencia da noite de lanzamento da expansión de Diablo III, dende Blizzard recomendan iniciar a sesión no xogo con certa antelación, para evitar as colas de espera, de xeito que en canto Reaper of Souls estea dispoñible recibirase unha notificación avisando de que xa se pode comezar a xogar ao novo contido, que pode mercarse anticipadamente para poder gozar do mesmo a partir da vindeira medianoite.

PUBLICIDADE