Diablo Immortal xa está dispoñible para dispositivos móbiles
mércores, 1 de xuño do 2022
AÃnda
que a data oficial de lanzamento de Diablo Immortal estaba
fixada para o 2 de xuño, o xogo free-to-play de Blizzard Entertainment
xa está dispoñible para moitos xogadores nas súas versións para iOS
e Android,
mentres que para
PC pode precargarse.
Este xogo de rol e acción ambientado entre Diablo II: Lord of Destruction
e Diablo III somerxe ao xogador nun Santuario fracturado que comeza a
recuperarse, polo que haberá que unirse á loita para que a humanidade non
sucumba ao mal dos Infernos Abrasadores.
Diablo Immortal é o primeiro tÃtulo da franquÃa en adoptar o formato de
xogo de rol e acción multixogador masivo, de xeito que permite cazar demos
nunha experiencia máis compartida, á vez que tamén ten a facilidade de xogar
tanto en dispositivos móbiles como en PC. Permite elixir entre 6 clases,
permitindo a súa personalización (ao que tamén contribúe o equipamento que se
irá recollendo para facilitar novos estilos de xogo e melloras).
Para poder gozar da progresión cruzada entre ordenador e móbiles é preciso
empregar unha conta de Battle.net. Tamén cómpre avisar de que permite compras
na aplicación, que consiste na compra de orbes eternos para poder conseguir
vantaxes e desbloquear certos elementos, aÃnda que é posible xogar sen chegar a
pagar cartos reais (aÃnda que a experiencia será algo limitada).
Ao parecer, o modelo de negocio de Diablo Immortal terÃa
impedido a súa comercialización en Bélxica e PaÃses Baixos, territorios nos
que hai lexislación contra as caixas de botÃn e outras mecánicas dos xogos en
liña que poidan equipararse a xogos de apostas.
Tráiler de Diablo Immortal