Disco SSD seguro e con formato ExpressCard

mércores, 9 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Atendendo á demanda de solucións de almacenamento que combinen portabilidade e seguridade nos datos, Verbatim presenta unha unidade de disco SSD en formato ExpressCard que incorpora encriptación por hardware AES de 256 bits, facendo que os contidos almacenados no disco non poidan estar accesible no caso de caer en malas mans, xa que a unidade formátase automanticamente no caso de que o usuario introduza un contrasinal incorrecto 10 veces consecutivas, borrando así todos os datos sensibles.
A integridade dos datos tamén está máis segura que en discos duros estándar, porque as unidades SSD son moi resistentes a choques e vibracións (carecen de partes móbiles) e o poder introducirse en fendas ExpressCard tamén resulta moi cómodo para o seu uso en equipos portátiles.
A SSD Secure ExpressCard é compatible con Windows XP, Vista e 7, e sairá á venda nas vindeiras semanas en capacidades de 32 e 16 Gb.

PUBLICIDADE