Disco duro USB sen fíos de Imation

venres, 20 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Imation vén de achegar finalmente ás tendas norteamericanas o seu revolucionario disco duro Pro WX Wireless USB, que segundo o seu fabricante sería o primeiro do mundo en incorporar tecnoloxía Wireless USB, de xeito que permitiría transferencias de datos sen fíos a velocidades de ata 15 Mb/seg. e cunha capacidade de 1,5 Tb e unhas dimensións de 18 x 4,5 x 13,8 centímetros, aínda que este luzo ten un prezo un tanto elevado, xa que véndese a 449,99 dólares (302,78 euros).
O grande atractivo deste dispositivo estaría no feito de facilitar as copias de seguridade constantes dende calquera lugar do oficina ou o fogar, evitando así a necesidade de utilizar cables para manter o datos seguros.

PUBLICIDADE