Disco duro externo que fai copias de seguridade con só conectalo

luns, 18 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Moitos discos duros externos inclúen software para facer doada a realización de copias de seguridade con premer só unha tecla, pero agora o proceso aínda se pode simplificar máis grazas ó ClickFree HD700, un disco duro de 11,5 x 1,7 x 7,6 centímetros e só 180 gramos de peso, que permite copiar os datos máis importantes do noso ordenador ós seus 120 Gb de capacidade con só conectalo ó porto USB do noso equipo (mesmo sen precisar a instalación de software).
Este sinxelo e revolucionario dispositivo se venderá nos EE.UU. a 169 dólares.

PUBLICIDADE