Dispositivo para evitar chamadas telefónicas de descoñecidos

xoves, 23 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Nun momento no que a telefonía fixa está en desuso, e en moitos domicilios sobrevive só porque é precisa para a contratación de servizos de banda larga, boa parte das chamadas que se reciben corresponden a chamadas comerciais comparables ao spam, que poden chegar a resultar molestas, polo que no Reino Unido poñen á venda un dispositivo chamado TrueCall, que intercepta todas as chamadas que recibamos e, valéndose da identificación de chamada, só fai soar o teléfono cando nos chama algún coñecido, de xeito que evitamos o a amoladura de chamadas erróneas, faxes ou sistemas automatizados.
A principal pega desta solución sería o seu prezo, pois o TrueCall se vende a 99,99 libras esterlinas (uns 125 euros).
Tamén existe a posibilidade de adquirir unha tarxeta de memoria para converter o dispositivo nun gravador de chamadas telefónicas (entrantes e saíntes) que se poden reproducir logo no teléfono ou no ordenador. Estas tarxetas se venden con capacidade para 70 ou 140 horas de audio por 24,99 e 34,99 libras respectivamente (31,36 e 43,9 euros).

PUBLICIDADE