Dixitaliza os teus negativos

xoves, 5 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Agora que se normalizou o uso de cámaras dixitais, recuperar as vellas fotografías pode supor complicado, especialmente se están gardadas en álbums, polo que o Digital Picture Converter pode ser un periférico moi útil, pois permite dixitalizar fotografías en negativo (de xeito que non temos que desfacer os álbums para gardar os nosas fotos dixitalmente).
O dispositivo ten un foto sensorial de 5 Mpíxeles CMOS que analiza o negativo e converte 10 bits de cor por canle, de xeito que as imaxes se capturan nunha boa calidade. Acada unha resolución de 1.829 dpi grazas a 3 diodos LED (que utiliza coma luz de fondo), conéctase mediante USB e se venderá en Hammacher Schlemmer a 99,95 dólares (73,51 euros) a partires do mes de agosto.

PUBLICIDADE