DmC estrea versión para PS4 e Xbox One
mércores, 11 de marzo do 2015
Os
usuarios que gustasen do polémico reboot
da franquÃa Devil May Cry, no que o
protagonista cambiaba drasticamente de aparencia fÃsica, presentando un aspecto
máis escuro, poden por fin gozar
deste frenético xogo de acción nas consolas da actual xeración xa que DmC Devil May Cry: Definitive Edition
está xa dispoñible
para a súa compra na PlayStation Store e no
Bazar de Xbox LIVE a un prezo de 39,99 euros.
Ao adaptarse a consolas máis potentes, o xogo conseguiu mellorar os seus
gráficos a 60 fotogramas por segundo, incorporaou novas caracterÃsticas e todo
o contido descargable do xogo orixinal. ConvÃdanos asà a unirnos a Dante e a
Vergil na súa viaxe polo mundo demonÃaco do Limbo, derrotando a infinidade de
seres maléficos neste renacer da franquÃa de Devil May Cry na que se mantén un ritmo de xogo baseado en
combinacións de ataques con armas singulares e un aspecto visual impactante. Un
grande traballo de Ninja Theory que tivo unha boa acollida en 2013, e que agora
parece estar a repetir con esta renovación que conseguiu
xa un 86 sobre 100 en Metacritic, de xeito que serÃa un dos xogos máis
recomendables para PS4 e Xbox One no que vai de ano.
Trailer da nova edición de DmC