Doodle Jump terá versión para Kinect

mércores, 16 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O sinxelo videoxogo Doodle Jump foi un dos primeiro mega-éxitos para iPhone e iPod Touch, que posteriormente adaptouse a Android, conseguindo un total de 10 millóns de descargas de pagamento, anunciando agora os seus desenvolvedores que están a preparar unha versión do xogo para Xbox LIVE Arcade que destacar por ser compatible con Kinect, así como unha actualización multi-xogador para iPhone, unha versión para iPad e unha chea de mercadotecnia.
O xogo ten unha mecánica moi doada, que consiste simplemente en avanzar verticalmente saltando sobre plataformas evitando caer das mesmas coa axuda do acelerómetro do móbil, o que imitarían moitos outros xogos como Abduction, pero ningún foi capaz de repetir a sona do orixinal, pioneiro ao que seguirían en éxito fenómenos como Plants vs Zombies, Angry Birds e Tiny Wings.

PUBLICIDADE