Dragon’s Lair chegará á Xbox 360 en formato descargable

luns, 30 de abril do 2012 Marcus Fernández

En 1983 marcou época a serie de videoxogos Dragon’s Lair, que podía verse nos salóns recreativos de todo o mundo e que consistía nunha película de animación interactiva en LaserDisc semellante aos xogos que hoxe podemos ver nalgún DVD infantil, e que permitía controlar ao intrépido cabaleiro Dirk ao rescate da princesa Daphne da guarida do dragón Singe, derrotando a monstros e malvados que aparecen no camiño, así como resolvendo sinxelos labirintos, cun ritmo frenético e unha dificultade notable, que hai bastantes meses trasladouse a iOS, e agora dará o salto a Xbox LIVE Arcade destacando por permitir o uso de Kinect e conservar a animación do xogo orixinal.
O xogo estará dispoñible dende o vindeiro 18 de maio a través do Bazar de Xbox LIVE, podendo manexarse co noso corpo ou tamén co mando tradicional da Xbox 360, sendo posible tamén gozar deste título nun modo cooperativo local, así como facer fotografías cos nosos movementos máis espectaculares.


Trailer de Dragon’s Lair para Xbox LIVE Arcade

O xogo conservará todas as animacións orixinais da súa entrega para máquinas recreativas

PUBLICIDADE