Dyson presenta uns auriculares con cancelación de ruÃdo e purificación de aire
mércores, 30 de marzo do 2022
AÃnda que pode parecer unha broma do Primeiro de Abril, Dyson
presenta hoxe o seu primeiro purificador de aire persoal integrados nuns
auriculares de diadema, os Dyson
Zone, que non só filtran gases, alérxenos e partÃculas, senón que tamén
cancelan o ruÃdo para permitir escoitar música con fidelidade.
Dende Dyson non están a enfocar este purificador como unha solución contra a
COVID-19, xa que non se trata dun produto de protección persoal (de feito, a
viseira dianteira non toca a pel do usuario, buscando unha respiración cómoda e
sen conxestión, aÃnda que é posible que comercialicen un accesorio que achegue un nivel de protección comparable ao dunha máscara), senón dun sistema de filtrado de aire para poder respirar aire
limpo en contornos de elevada contaminación.
Aseguran que este rechamante produto é froito de 6 anos de traballo nos que
produciron 500 prototipos para que estes auriculares poidan chegar ao mercado o
vindeiro outono, sen chegar a concretar o prezo, aÃnda que o factor chave para
o éxito dos auriculares purificadores de aire, superados factores como a súa
comodidade, será a aceptación social, xa que resultan demasiado rechamantes.
VÃdeo de presentación dos auriculares Dyson Zone