Ednon nomea director xeral a Javier Atán Castro

mércores, 19 de febreiro do 2014 Redacción

A empresa compostelá Ednon, centrada en servizos avanzados TIC, vén de anunciar o nomeamento de Javier Atán Castro, licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago, como director xeral da firma tecnolóxica. Atán Castro, de 48 anos e posuidor dun MBA (mestría en administración de negocios) pola Escola de Negocios Novacaixagalicia, conta cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos. Segundo informa Ednon, antes da súa incorporación a esta empresa desenvolveu o posto de director de Servizos Centrais en Coremain, “con responsabilidades nas áreas de administración e finanzas, recursos humanos, calidade, soporte e control de xestión, secretaría xeral e sistemas de información”.
Como director xeneral de Ednon, Javier Atán asume o obxectivo de liderar o proceso de renovación “nun ano crave para a compañía”, que cumpre o seu décimo aniversario “cunha traxectoria ascendente en facturación e en número de empregados”, engade a empresa compostelá.
Lembrar Ednon centra a súa actividade en servizos avanzados de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Foi fundada en 2004 e opera arestora en todo o territorio estatal a través das súas oficinas en Santiago de Compostela, Valladolid e Madrid. Tamén ten unha importante actividade en Latinoamérica coa súa filial Ednon International, tal e como deixamos claro hai uns días facendo referencia aos servizos TIC que prepara para un megahospital en Panamá.

info portfolio

PUBLICIDADE