Educación presenta unha ferramenta informática para optimizar as inspeccións
mércores, 22 de decembro do 2010
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que hoxe celebrou a Xornada da Inspección Educativa 2010-2011,
vén de presentar unha nova ferramenta informática coa que optimizar a xestión
do traballo desenvolvido polas inspectoras e inspectores, que, entre outras
cousas, fará unha valoración más eficaz dos datos recollidos polos mesmos.
A xornada tivo lugar no MUPEGA, en
Santiago de Compostela, e foi inaugurada polo director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación, José Luis Mira, que destacou a importancia de “ter todas as ferramentas posibles a vosa
disposición para poder desenvolver cada día mellor o voso traballo”, ao que
engadiu “desde a Consellería apostamos
polas cosas ben feitas e pola eficiencia dos recursos dos que dispoñemos e esta
nova ferramenta informática facilitará o voso labor”.