El Chavo del Ocho terá un xogo de carreiras de karts

mércores, 11 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Unha serie de animación mantén viva a figura de El Chavo del Ocho, nacida nunha serie de televisión dos anos setenta que marcou a infancia de moitos, e o aproveitamento da figura de Roberto Gómez Bolaños (Chespirito) xa levou o ano pasado a Slang a comercializar un xogo para Wii titulado El Chavo, e non conformes con iso, agora preparan o lanzamento dun título no que a figura televisiva quere pórse á altura do propio Mario de Nintendo nun simpático El Chavo Kart que contará con versións para PlayStation 3, Xbox 360 e PlayStation Vita.
O xogo desenvolveuse empregando Unreal Engine 3, conta con 12 personaxes da serie de televisión coa súa voz orixinal (en español e portugués), ofrece ata 8 copias e distintos modos de xogo: carreira tradicional, contrarreloxo, capturar a bandeira e supervivencia. Porase á venda a finais de ano a un prezo de 799 pesos (uns 46 euros).


Vídeo con imaxes in-game de El Chavo Kart

PUBLICIDADE