El Corte Inglés afiánzase no fogar dixital da man de Smart TV

xoves, 19 de xullo do 2012 Fernando Sarasketa

El Corte Inglés conta xa oficialmente cun espazo de seu no Smart TV 101, o terminal de última xeración de Inves. O acceso directo ao portal de servizos de El Corte Inglés no dito aparello complementa o paquete de posibilidades deste ( contidos de televisión dixital de alta definición con acceso a xogos e web TV, televisión á carta, aplicacións en rede) co feixe de recursos propios da plataforma dixital da cadea española de centros comerciais, como por exemplo A Tenda en Casa e aplicacións como o probador virtual, a consulta de catálogos e promocións, compra en liña no supermercado ou adquisición de artigos no eStore.
E todo, sinálase, dende o noso propio fogar de cada quen. Segundo informan fontes das dúas firmas, o acceso a toda a gama de servizos virtuais da cadea, sen abandonar o menú principal, achega unhas capacidades para atraer ao mundo Smart TV, non só ás novas xeracións, senón a calquera integrante da unidade familiar, que agora pode explorar as revolucionarias prestacións da televisión intelixente na súa casa.
Lembrar que Inves Smart TV 101 é un aparello de fogar dixital, multimedia, que permite a integración nun mesmo equipo de diferentes plataformas e canles, como a TV, a Internet, as consolas ou os aparellos de reprodución de música. Con este dispositivo, sinálase, “non só é posíbel acceder a calquera contido, cando e como se desexe, senón gozar dunha mellor calidade de imaxe en series, cinema e videoxogos, intercambiar mensaxes e ficheiros adxuntos a pantalla xigante a través de aplicacións de redes 2.0 como YouTube, DailyMotion, Tuenti, Facebook ou Twitter, e participar directamente nos programas en vivo”. O aparello tamén ten sintonizadora TDT de alta definición e vén precargado con xogos (Angry Birds, Fruit Ninja), accesos directos a redes sociais en cales preconfiguradas, como a devandita de El Corte Inglés.

O Inves Smart TV 101 permite levar Android ao televisor

PUBLICIDADE