El Ejército de las Tinieblas inspira un xogo para iPhone
xoves, 12 de maio do 2011
En 1992 a triloxÃa
cinematográfica de Sam Raimi que comezara con Posesión Infernal rematou con El
Ejército de las Tinieblas, tÃtulo que está bastante fresco no mercado
español por estrear varias edicións en DVD e Blu-ray o pasado mes de novembro,
e que agora chega ao iPhone con Army of
Darkness Defense, xogo que promete estar á
venda só por tempo limitado e a un prezo de 0,79 euros.
O xogo permite tomar o rol de Ash Williams (papel interpretado por Bruce
Campbell) nunha aventura a través do tempo para
loitar contra o mal, de xeito que o carismático dependente de S-Mart
deberá defender o castelo de Lord Arthur e o Necronomicón de hordas de mortos viventes
para o que conta coa axuda de varios aliados. Destaca polos seus coidados
gráficos caricaturescos, é compatible con Game Center, inclúe máis dun cento de
simpáticas frases da pelÃcula na que se inspira e tampouco faltan a escopeta e
a motoserra que caracterizaban a Ash na súa loita contra mÃsticas forzas
malignas.
- Os gráficos do xogo están moi coidados, transmitindo o carácter dos personaxes e o humor da pelÃcula na que se inspira