El Intrépido Batman estreará videoxogo no outono

mércores, 2 de xuño do 2010 Marcus Fernández

A serie de televisión El Intrépido Batman, emitida en España a través de Clan TVE, estreará en setembro un videoxogo para Wii e Nintendo DS, que vén de estrear un trailer que confirma que este beat’em upen dúas dimensións é capaz de recuperar o espírito de moitos outros xogos do cruzado enmascarado que chegaron para consolas de videoxogos clásicas como a Super Nintendo ou a Megadrive, o que agradecerán os nostálxicos, á vez que os seguidores da serie de televisión poderán gozar dunha aparencia rica en cores e moi propia das series de animación.
Este xogo permitirá manexar a Batman e a Robin, aínda que tamén contará con moitos outros personaxes da serie de animación, pero resulta evidente ver un paralelismo con The Adventures of Batman & Robin, xogo para Super Nintendo (tamén adaptado a varias plataformas de SEGA) que está considerado coma un dos mellores xogos de Batman, aínda que habería que lembrar que moitos dos peores xogos do Señor da Noite empregaron a mesma mecánica de xogo, polo que haberá que agardar a probar este título para saber cara a onde inclina a balanza. Mentres, podemos conformarnos con ver o seu trailer:

PUBLICIDADE