Elgato aposta pola mellora da calidade da produción dos vÃdeos en directo a través da Rede
mércores, 9 de agosto do 2017
Un dos
fabricantes máis populares de capturadoras de vÃdeo para gamers, que facilitan a retransmisión de partidas en vivo (ou a súa
gravación), Elgato, está a ampliar o seu catálogo de produtos para facilitar
unhas producións de vÃdeo máis profesionais coa Cam Link e a Green Screen,
produtos que estarán dispoñibles a partires do 18 de agosto e que xa poden reservarse
a través de Amazon.
A Cam Link é un pequeno
dispositivo USB ao que pode conectarse unha cámara réflex, unha videocámara ou
unha cámara deportiva ao ordenador, para non ter que limitar a calidade de
imaxe captada a unha webcam, de xeito que pode ofrecerse vÃdeo até 1.080p a 60
imaxes por segundo cunha latencia ultrabaixa e podendo gravar os contidos
directamente no disco duro do equipo informático e gozando da vista en pantalla
en tempo real (para asà poder corrixir as tomas sobre a marcha).
Esta solución é moi práctica para gameplays,
unboxings ou calquera outra cousa que
se queira emitir en directo, precisando para funcionar como mÃnimo un ordenador
cun procesador Intel Core i5 de cuarta xeración con catro núcleos e un porto
USB 3.x baixo Windows 10 ou macOS Sierra. O seu prezo de venda é de
129,95 euros, o que serÃa máis económico que as capturadoras de Elgato orientadas ao gaming principalmente polo feito de que este accesorio carece de saÃda
HDMI, o que tamén permÃtelle ter un tamaño moi compacto.
Para completar á Cam Link, temos a nova Green Screen, un panel
pregable para facer chromakey, ou
sexa, un lenzo de cor verde cun tamaño de 180 x 148 centÃmetros que poden
recollerse para ocupar só 148 x 11,5 x 10,5 centÃmetros, e integra os soportes
que facilitan a súa colocación estable de xeito que chega con colocala detrás
do usuario e iluminar para poder presentar detrás do mesmo un panel de cor
uniforme sobre o que poder amosar a imaxe que queiramos facendo chroma (ou sexa, substituÃndo a cor
verde por a imaxe ou vÃdeo que desexemos) conseguindo unha grande inmersión.
Este produto pretende axudar a eliminar fondos, de xeito que podemos conseguir
que un dormitorio ou un rocho poidan parecer un estudio profesional, podendo
retirarse estes aparellos en poucos segundos para o seu almacenamento sen
ocupar moito espazo e facilitando incluso o seu transporte. O seu prezo de venda é de
149,95 euros, o que é un prezo bastante elevado para este tipo de produto,
aÃnda que cómpre advertir que semella moito máis doado e rápido de empregar que
as alternativas máis económicas.
A combinación de Cam Link e Green Screen, aÃnda que está orientada a gamers, pode resultar atractiva para
moitos creadores de contidos que queren realizar emisións en directo ou
gravacións no seu ordenador, por achegar unha solución con acabados
profesionais por un prezo contido e baixo unha marca solvente.
- A Green Screen ten unha estrutura que facilita a súa colocación e tamén permite o seu gardado rápido e compacto
VÃdeo promocional da Green Screen de Elgato