Elgato porá á venda unha capturadora Full HD a 60 imaxes por segundo
luns, 11 de agosto do 2014
Para poder gravar as partidas da nosa consola de videoxogos
para poder compartilas co mundo a través da Internet existen numerosas
capturadoras de vÃdeo, que en moitos modelos son capaces de rexistrar vÃdeo en
alta definición, pero agora que YouTube está a aceptar vÃdeo a 60 cadros por
segundo, mellorar a velocidade de captura tamén é importante, de aà que a
partires do 18 de agosto vaiamos ter dispoñible a nova Game Capture HD60 de Elgato,
que por un prezo de 169,95 euros pode gardar vÃdeo en formato H.264 por
hardware a 60 fps.
Este novo accesorio resulta ideal para gravar partidas de Xbox One ou
PlayStation 4 dende un ordenador con Windows ou OS X, á vez que tamén facilita
a realización de streaming en directo
a través de Twitch, YouTube ou Ustream, podendo incluso superpor outras imaxes
(ou incluso o vÃdeo achegado por unha webcam) ou engadir a voz do xogador para
facer comentarios en directo.
A Elgato Game Capture HD60 conéctase ao ordenador por USB 2.0, mentres que
recibe o vÃdeo a través dunha entrada HDMI, que devolven sen retardo
perceptible a través doutro porto HDMI, para que poidamos gozar dos xogos á vez
que se captura o seu sinal. O trebello mide 112 x 75 x 19 milÃmetros, pesa 106
gramos e para funcionar precisa como mÃnimo dun ordenador cun procesador Intel
Core i5 de segunda xeración con 4 Gb de RAM e Windows 7 ou OS X 10.9.
VÃdeo de presentación da nova capturadora de Elgato