Elon Musk despide a metade dos traballadores de Twitter
venres, 4 de novembro do 2022
- Comunicado no que explican aos traballadores de Twitter como saber se conservan o seu emprego
Os
temidos despedimentos masivos en Twitter xa son unha realidade, realizándose o
procedemento dun dos peores xeitos posibles, polo que puido saberse, xa que a
comunicación sobre a situación laboral de cada traballador comunicóuselle
por correo electrónico dun xeito sumamente irregular: os traballadores que
seguen na compañÃa reciben unha notificación no seu correo corporativo, mentres
que os que están despedidos reciben a súa comunicación no seu correo electrónico
persoal xa que cortáronlles o acceso ao correo electrónico corporativo sen
previo aviso.
A cousa non só queda aÃ, senón que os despedimentos terÃan vulnerado a lexislación
laboral de California, que obriga a que os despedimentos masivos teñen que
comunicarse con 60 dÃas de antelación, polo que xa van
presentar unha demanda colectiva contra Twitter na que confÃan que
participen os preto de 3.700 traballadores despedidos (a metade do cadro de
persoal).
O anuncio ao
respecto por parte de Musk deixa en evidencia a súa insensibilidade neste
ámbito, xa que detalla que os traballadores despedidos recibirán 3 meses de finiquito, o que serÃa un 50% máis do requirido legalmente, omitindo que terÃan
que permanecer na empresa como mÃnimo 60 dÃas máis, polo que realmente a
cantidade que terÃan que percibir serÃa aÃnda maior. Como xustificación Musk
sostén que Twitter está a ter unhas perdas de máis de 4 millóns de dólares ao
dÃa (omitindo tamén que a meirande parte desas perdas corresponden aos
intereses derivados da débeda contraÃda para a compra de Twitter).
Durante a xornada Musk tamén realizou outras declaracións incendiarias, como asegurar que
Twitter está a experimentar unha caÃda masiva nos seus ingresos por culpa de grupos
de activistas que presionaron a anunciantes, ou incluso chegar a dicir que a
seguridade e a moderación en Twitter non vai empeorar por mor dos despedimentos,
afirmación que carece de todo sustento (aÃnda que no departamento de seguridade
os despedimentos só foron do 15%, é evidente que menos persoal non pode atender
coa mesma eficiencia as súas tarefas e, de feito, sempre se criticou que era
preciso reforzar esta división, pois a moderación en Twitter é moi deficiente).
En calquera caso, o que si podemos asegurar claramente é que Twitter xa non é a
mesma compañÃa que a semana pasada.