Emporia prepara un smartphone para os maiores

venres, 28 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Entre os dispositivos que os últimos días no Mobile World Congress podemos destacar un interesante teléfono, o EmporiaSmart, que leva a habitual proposta de Emporia de comercializar dispositivos pensando nas persoais maiores ao mundo dos smartphones, para o que adaptan o software dun terminal simplificando o seu uso e amosando unha interface con elementos de grande tamaño para poder velos claramente.
O EmporiaSmart é un smartphone con pantalla de 4,5 polgadas (cunha resolución de 940 x 560 píxeles), Android 4.3, cámara traseira de 5 Mpíxeles, cámara frontal para videochamadas, batería de 2.600 e lapis táctil, que conta con conectividade Wi-Fi e 3G, saída de televisión, compatibilidade con audiófonos e incluso cargador cun conector especial para asegurar que o cabezal microUSB introdúcese correctamente no móbil. Tamén destaca por contar cun sistema de emerxencia cun total de 5 contactos, de xeito que o teléfono non parará de chamar ata que un deles responda.
O novo smartphone de Emporia chegará ao mercado despois do verán a un prezo duns 200 euros.

PUBLICIDADE