empresas
A tecnoloxía Tiivii de Cinfo esperta o interese da televisión xaponesa
Cinfo, compañía galega de sistemas intelixentes audiovisuais, vén de esperar coas súas máis recentes contribucións o interese da televisión xaponesa, máis polo miúdo da cadea local TV Setouchi, que está a valorar a implantación no seu seo da tecnoloxía smart de Cinfo para a produción automática de vídeo na nube: a tecnoloxía Tiivii. Os representantes da dita canle, (...)
Ler máisViewnext prepara o seu traslado ao centro tecnolóxico Innova Ourense
As empresas punteiras comezan a pechar fileiras arredor do centro tecnolóxico e intelixente de Ourense, do que falamos este verán en Código Cero con motivo da súa presentación, salientando o seu obxectivo de “crear novas oportunidades no ámbito tecnolóxico, económico e social na provincia”. Segundo puidemos saber esta semana, a empresa Viewnext (filial de IBM) (...)
Ler máisVitae móstranos as posibilidades que ofrece Microsoft Power Excel no manexo dos datos
Comezou o ano e prosegue a actividade de Vitae Consultores no camiño de conseguir que os nosos profesionais TIC avancen aínda máis en excelencia, espírito innovador e capacitación. O catálogo de cursos destes meses inclúe unha manchea de actividades moi destacadas, entre as çque se atopa, en febreiro, unha nova edición (a cuarta) do curso avanzado sobre (...)
Ler máisO Goberno de Ames visita as dependencias da empresa tecnolóxica Tecalis Innovación
A empresa Tecalis, centrada en servizos TIC avanzados, vén de amosar as súas importantes liñas de actividade e os seus compromisos sociais e igualitarios perante o Concello de Ames. Foi no transcurso dunha visita do alcalde, José Miñones, ás instalacións que a dita firma ten no Polígono Novo Milladoiro, unha estadía na que participaron (entre outras/os (...)
Ler máisEfectivos da Policía Local e do Grupo de Emerxencias de Ribeira fórmanse nas posibilidades dos drons para os rescates
Os técnicos da empresa Aerocamaras, con sede en Ourense e especializada e innovadores usos para os vehículos aéreos non tripulados, amais de en formación e desenvolvemento de drons, levaron a cabo este luns 20 de xullo un simulacro de salvamento con este tipo de dispositivos na praia de Coroso de Ribeira. A experiencia foi un complemento formativo para (...)
Ler máisSIVSA desenvolve o sistema de pólizas de PSA FS
A firma galega SIVSA, responsábel da plataforma Fenix para optimizar a xestión das clínicas e os profesionais médicos, vén de desenvolver o novo sistema de xestión e seguimento das pólizas de seguro para vehículos a motor de PSA Financial Services, co-empresa posta en marcha entre o grupo automóbil PSA Peugeot Citroën e o Grupo Santander. Segundo informa SIVSA, (...)
Ler máisAs claves para financiar os nosos proxectos con fondos Next Generation centran unha nova xornada de NOVATFE
Este venres 17 de decembro vaise celebrar en formato streaming unha xornada sobre Financiamento de proxectos e fondos Next Generation. Trataranse diferentes aspectos que temos que ter en conta para acadar o meirande respaldo ás nosas iniciativas de innovación en materia de investimento, poñendo o foco nos novos fondos europeos ao servizo do transformador e (...)
Ler máisQuobis acolleu a presentación dun proxecto para optimizar a industria con tecnoloxías intelixentes: o proxecto COMPORT
Este martes 14 celebrouse no Porriño a presentación dun proxecto para estender as tecnoloxías disruptivas no ámbito industrial. A cita foi no Porriño, nas instalacións da empresa tecnolóxica Quobis (Polígono da Granxa), co-responsábel do proxecto en cuestión, COMPORT (COMmunications for Process Optimization in Real Time), subvencionado pola axencia GAIN (Axencia (...)
Ler máisSIVSA presenta Geenie, innovador asistente para o catálogo centralizado
A empresa galega SIVSA, responsábel do desenvolvemento e lanzamento de Fenix (software de xestión clínica na nube especialmente pensando e optimizado para médicos e clínicas), está a presentar este verán unha nova contribución tecnolóxica destinada a revolucionar, desta volta, o ámbito da compra centralizada. Estamos a falar do asistente Geenie. Este, máis polo (...)
Ler máisA galega Domesting lanza un software pioneiro para dixitalizar e automatizar todas as tarefas dun hotel
A firma innovadora Domesting, con sede na Coruña, vén de comunicarnos que ten entre mans un interesante proxecto de software dirixido a facer máis doadas, eficaces e eficientes as tarefas diarias a desenvolver nun hotel. A iniciativa, en fase de desenvolvemento, chámase Hospitality e materializaríase nun software que é quen de centralizar as comunicacións (...)
Ler máis0 | ... | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | 600