empresas
A CNMC sanciona a 11 empresas por crear un cártel de servizos informáticos
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) iniciou ha ano e medio unha campaña contra a fraude na licitación pública, e agora dá conta da sanción a 11 empresas por crear un cártel na subministración de servizos de informática e tratamento de datos á Administración Pública. A trama empresarial repartiuse os clientes, pactou os prezos e as condicións (...)
Ler máisTelevés mostrará a súa aposta sustentábel nunha xornada da Cámara de Santiago
A Cámara de Comercio de Santiago vai achegar unha xornada online sobre os novos xeitos de xerar servizos e produtos dun xeito máis eficiente, rendíbel, competitivo e respectuoso co medio ambiente. Falamos da sesión A sustentabilidade, factor estratéxico para a peme, que se organiza en colaboración coa Cámara de Comercio de España e a Rede Española do Pacto (...)
Ler máisJon Torrado é o novo co-conselleiro delegado de GamersWalk
GamersWalk, a innovadora plataforma de eSports nacida en Galicia, continúa en plena expansión e o seu consello de administración vén de nomear a Jon Torrado como novo co-conselleiro delegado da empresa. O até hoxe CTO da compañía manterá as súas funcións de carácter técnico, do mesmo xeito que Manuel Alexandre Rivas, o outro co-conselleiro delegado encargado da (...)
Ler máisDinahosting recibe o selo de empresas éticas do CCII
Dinahosting, empresa galegta provedora de hospedaxe, dixitalización e infraestrutura, vén de ser acreditada co selo de empresa ética outorgado polo Consello Xeral de Colexios Profesionais en Enxeñaría Informática de España (o consello estatal da profesión da Enxeñaría Informáticxa coñecido como CCII). Trátase dnha certificación que busca pór en valor a aquelas (...)
Ler máisCabify recibe unha valoración de 1.400 millóns de dólares
A popular compañía de transporte Cabify anunciou unha rolda de financiamento de 160 millóns de dólares á que acoden Rakuten Capital, o fondo TheVentureCity, Endeavor Catalyst e Gat Inversores, entre outros, e que supón a valoración da compañía en 1.400 millóns de dólares, de xeito que xa podería considerarse un unicornio (compañía valorada en máis de 1.000 millóns (...)
Ler máisAtlantTIC, Orange, Ericsson e Optare sentan as bases para converter a UVigo nun smart campus
AtlantTIC, Centro de Investigación das Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, participou a semana pasada (o mércores 9) na que sería a primeira das probas que acolle un campus galego arredor das novas capacidades da tecnoloxía 5G, desta volta aplicadas á seguridade e á xestión da mobilidade. O proxecto no que colabora o centro pretende avanzar (...)
Ler máisVodafone Business crea un hub para alentar a recuperación postCOVID das pemes
Vodafone Business lanzou este 7 de xullo en España (e máis no Reino Unido, Francia e Italia) un novo espazo de traballo para avivar a recuperación empresarial das pequenas e medianas empresas neste contexto postCOVID no que estamos mergullados. Trátase da iniciativa V-Hub, un servizo orientado ás pemes que lles ofrecerá guías detalladas sobre a transformación (...)
Ler máisA Tecnópole acada o fito de 109 empresas acubilladas
O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, vén de ir alén da barreira das cen empresas acubilladas. Este fito foi acadado no último mes, coa solicitude de incorporación de nove novas firmas a través de requirimento de domiciliación virtual, peticións que recibiron o visto bo definitivo no Consello de Administración celebrado hoxe na Tecnópole. Segundo informan (...)
Ler máisVitae recunca en setembro co seu curso de xestión de proxectos áxiles con Scrum
Vitae Consultores prosegue á volta do verán coa súa completa oferta formativa acerca de tecnoloxías para (precisamente) profesionais das tecnoloxías. Nesta liña e na de fornecelos de recursos para anticiparse ás necesidades de clientes e usuarios, insírese a 19 edición do seu Curso Dirección e Xestión de Proxectos TIC Áxiles con Scrum, Scrumban e Lean Software (...)
Ler máisA viguesa Netun Solutions, recoñecida polas autoescolas estatais
A empresa viguesa Netun Solutions, responsábel dun revolucionario dispositivo tecnolóxico destinado a rematar cos riscos dos triángulos de sinalización de avarías, o dispositivo Help-Flash, vén de gañar o Premio en Innovación á Seguridade Viaria que concede a Fundación CNAE da Confederación Nacional de Autoescolas. Co dito galardón, a entidade quixo enxalzar as (...)
Ler máis0 | ... | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | 600 | 610 | 620 | ... | 700