empresas
SIVSA fará avanzar a transformación tecnolóxica das lonxas galegas
A empresa de novas tecnoloxías SIVSA, referente galego en desenvolvemento de ferramentas de xestión, confirmou que será a encargada do mantemento do proxecto para a modernización tecnolóxica das lonxas galegas, un proxecto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) que busca en última instancia a plena dixitalización das rulas dos nosos (...)
Ler máisO Grupo Euskaltel conseguiu 11.300 novos clientes no segundo trimestre de ano
Euskaltel presentou o balance da actividade do grupo de telecomunicacións, do que forma parte a galega R, durante o segundo trimestre do ano. Entre os datos máis destacados figura o relativo á súa capacidade para “facer mercado”, que guindou cifras récord en medre de clientes (11.300 novos), en rendibilidade e máis en beneficio neto (que aumento un 50%). Os (...)
Ler máisNetun proporciona a Vodafone o seu revolucionario dispositivo IoT de seguridade na estrada
A operadora Vodafone vén de acadar un acordo coa empresa galega Netun Solutions, con sede en Nigrán (Porto do Molle), para achegar aos seus clientes a conectividade e a seguridade na estrada que proporciona o dispositivo Help Flash IoT desenvolvido pola firma da nosa terra. Esta tecnoloxía, segundo salienta Vodafone, é o substituto intelixente e conectado (...)
Ler máisOrange, Cinfo, Optare e Gammera sitúan a nosa terra na vangarda da experimentación 5G
Este 2 de xuño foi unha data histórica para o futuro das telecomunicacións na nosa terra. O motivo? A presentación oficial da Unión Temporal de Empresas (UTE) formada pola operadora Orange e as empresas galegas Cinfo e Optare Solutions xunto coa madrileña Gammera Nest, para colaborar no desenvolvemento de probas de concepto centradas na tecnoloxía 5G. Con (...)
Ler máisTredess mostrará no NAB Show de Las Vegas as súas últimas solucións de radio e TV
A empresa galega Tredess, referente galego, estatal e internacional en materia de solucións de telecomunicacións a profesionais, confirmou a súa presenza na vindeira edición do NAB Show, que volve trala paréntese da pandemia (dous anos de inactividade) á súa sede de Las Vegas, Nevada, entre o 23 e o 27 de abril. Tredess contará cun stand de seu, o W5126 do (...)
Ler máisVolve este outono o curso de Vitae sobre como constituír os mellores equipos TIC
Vitae Consultores vai organizar estes meses de novembro e decembro unha nova edición, a 17, da súa actividade formativa dirixida a mellorar o día a día (a toma de decisións, a planificación, a xestión, a creación dos máis axeitados grupos de traballo) dos responsábeis dos equipos humanos nas empresas tecnolóxicas e, tamén, das persoas encargadas dos departamentos (...)
Ler máisOs fundamentos e as utilidades do testing, ao detalle nun curso de Vitae
Por razóns de operatividade, de rapidez e de prazos cada vez máis curtos, as probas (o testing) no desenvolvemento informático non teñen toda boa sona que sería de desexar, malia ser unha parte fundamental do traballo de programación e, por extensión, de calquera ámbito empresarial e industrial onde se acheguen produtos ou servizos de certa complexidade. As (...)
Ler máisFacebook estrea un novo xeito de levar os seus vídeos ao televisor
Os vídeos en Facebook cobran cada vez unha maior importancia, e conscientes diso, e das posibilidade que ofrecen trebellos que facilitan trasladar os vídeos na Rede ao televisor, dende Facebook anunciaron hoxe unha importante mellora no seu reprodutor de vídeo que están comezando a aplicar, de xeito que cando esteamos a ver un dos vídeos poderemos facer que (...)
Ler máisA CNMC sanciona a 11 empresas por crear un cártel de servizos informáticos
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) iniciou ha ano e medio unha campaña contra a fraude na licitación pública, e agora dá conta da sanción a 11 empresas por crear un cártel na subministración de servizos de informática e tratamento de datos á Administración Pública. A trama empresarial repartiuse os clientes, pactou os prezos e as condicións (...)
Ler máisVozTelecom abre punto de servizo en Carballo
VozTelecom, operador de comunicacións para empresas e de servizos na nube, vén de dar un novo paso no seu proceso de espallamento na nosa terra coa apertura do que sería o seu primeiro punto de servizo en Galicia, ou sexa, unha nova oficina comercial especializada en asesoramento, venda e apoio post-venda arredor dos seus servizos de comunicacións para (...)
Ler máis0 | ... | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | ... | 600