En febreiro abrirán no Xapón unha montaña rusa de Mario Kart
luns, 30 de novembro do 2020
Nos
últimos anos puidemos ver como creaban versións
de realidade virtual de Mario Kart ou como nas últimas semanas
poñÃan á venda o Mario
Kart Live: Home Circuit que permite gozar do xogo de carreiras de Mario
no noso fogar tirando proveito da realidade aumentada. Pois non quixeron parar
aÃ, e agora anuncian que o vindeiro 4
de febreiro abrirán no Xapón o Super Nintendo World, un parque de
atraccións de Universal Studios Japan que como xoia da coroa terá unha montaña
rusa de Mario Kart, na que percorrerase o castelo de Bowser e que cobrará vida
grazas a unhas lentes de realidade aumentada e ao uso de tecnoloxÃas de proxección.
A realidade aumentada permitirá que os visitantes poidan mover o volante
durante a atracción, para asà poder competir co resto e ter unha experiencia
máis inmersiva e interactiva. O parque tamén contará con outros elementos
interactivos que permitirán xuntar moedas virtuais valéndose de pulseiras
sincronizadas cunha aplicación móbil, convertendo as visitas en toda unha
competición.
O parque de atraccións bota a andar co figura de Mario, pero aseguran que xa
está en construción unha ampliación inspirada en Donkey Kong, de xeito que poderÃa
converterse nun lugar de peregrinación para amantes dos videoxogos de todo o mundo,
que na súa apertura terá como principal limitación para o seu éxito a situación
sanitaria global, que obrigará a limitar bastante a afluencia de público, asÃ
como a extremar as medidas de hixiene.
- A montaña rusa está ambientada no castelo de Bowser
- No parque de atraccións non faltará a sala de trofeos do Mario Kart
VÃdeo no que anuncian a data de apertura do Super Nintendo World